Mi precariedad es tu desinformación

20071029150824-standupjournalism.jpg

Para una vez que se une toda Europa... ¿nos vamos a quedar mirando?

Organizacións de xornalistas de toda Europa están preparando mobilizacións contra precariedade laboral o próximo luns, 5 de novembro. A protesta está convocada pola Federación Europea de Periodistas (FEP) e tamén se realizará en Galicia. O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) únese á iniciativa mediante a distribución gratuíta de centos de camisetas co lema “A miña precariedade é a túa desinformación”. O obxectivo é que os informadores leven posta esta prenda nas roldas de prensa convocadas para o día da mobilización.

Con esta acción o SXG alerta do aumento da precariedade na profesión en Galicia. Horarios abusivos, contratos lixo, abuso de bolseiros e de falsos autónomos son prácticas frecuentes na maioría das empresas da comunicación da Comunidade. Este deterioro das condicións de traballo dos informadores prexudica a cidadanía, pois a calidade das noticias é unha das primeiras vítimas da precariedade no sector. A FEP explica que convocatoria pretende ser unha protesta contra a «crise dramática que sofren os xornalistas debido á excesiva  comercialización, a presión política que están facendo máis precarias e empobrecendo as condicións de traballo en toda Europa».

A rama europea da Federación Internacional de Periodista coordina accións de protestas en Bélxica, Chipre, Finlandia, Croacia, Francia, Alemaña, Grecia, Islandia, Irlanda, Irlanda, Portugal, Romanía, Serbia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Suecia e Reino Unido. Nalgúns estados, como en Francia, haberá manifestacións diante do parlamento.

O Sindicato comezará a repartir as camisetas o próximo venres. Todos os profesionais da comunicación interesados en ter unha non teñen máis que contactar co SXG, a través desta conta de correo (sindicatoxornalistas@gmail.com) ou chamando aos móbiles da Executiva, que se poden consultar na web www.sindicatodexornalistas.org, sección “O SXG”.

29/10/2007 15:08

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario

*

*
No será mostrado.


*

* Datos requeridos.




Alecto

El mar va dejando jirones de realidad sobre la arena, y yo, voy recogiendo. Algo de poesía,mucha mala sangre y un lugar para las emociones algo más bellas...

Archivos

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]