Lembranzas

A cidade devastada de lembranzas.
Cada pedra ten un bico, un agarimo,
unha parada no camiño a calquera lugar,
unha frase ou un sorriso aterradores…

Cada casa arquiva noites, mañás, tardes,
de longuísimas conversas sen sentido,
de momentos doces coma azucre,
de sabas abrasadas polo amor…

Cada chanzo foi a porta a algún abrazo.
Cada encosta achegou os pasos lentos,
cada mesa, cada silla, cada taza…
cada noite nesta cama que os envolve na memoria…

Cada verba desa voz que repite o seu nome
cadaquen que pregunta, cada paso,
cada imaxe que volca a memoria...
empuxan o coitelo que anoa a gorxa.

Cada mirada arredor, cada olor,
cada son, cada luz…
agachan un riso ou un recordo,
un momento que daquela
parecera obvio, disfrutaron tan pouco,
e agora parecera que costase a vida…

Cada nota nunha páxina dun libro,
cada letra nun anaco de papel,
nunha porta, nunha mesa.
con verbas sagradas grabadas pra sempre...
Palabras que hoxe extraña como o aire…

¿Onde foron eses bicos e agarimos,
onde foron os sorrisos, as palabras…
deste percorrido turístico polo seu amor?
Camiñar pola cidade é tremar
un pouquiño a cada paso,
devastado de recordos, de lembranzas.

Un dia, amáronse entre estas pedras.
26/09/2003 10:05 ###. Tema: Literatura.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario

*

*
No será mostrado.


*

* Datos requeridos.




Alecto

El mar va dejando jirones de realidad sobre la arena, y yo, voy recogiendo. Algo de poesía,mucha mala sangre y un lugar para las emociones algo más bellas...

Archivos

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.

[Blogia apoya al Evento Blog España y los Premios Bitacoras.com 2008 | Medio Oficial: ADN.es]